Terapia Gestalt - Constelacións Familiares Brainspotting - Hipnose Clínica - E.M.D.R
Sara Corredoira Darriba Psicóloga Colexiada nº G-02656
Centro de psicoloxía sanitaria Nº: C-27-000921 (Xunta de Galicia)

"As crises son ofertas de cambio que nos fai a vida, pero non é preciso en absoluto saber como será o novo, só fai falla estar preparados e cheos de confianza." - Luise Rinse

"No medio das dificultades agardan as posibilidades." - Albert Einstein

"Sempre hai outro camiño." - Thomas Mann

"Cando estamos divididos é pouco o que podemos facer, cando estamos de acordo é pouco o que non podemos facer." - J.F. Kennedy

Contos e textos de psicoloxía

Textos de Franz Ruppert, psicotrauma orientado á identidade

Contos e textos de psicoloxía

Contos

Mira ao ceo

Buscou ao ancián por todas partes e finalmente descubriuno cerca do río. Este estaba deitado e como en éxtase mirando ao ceo.

- Que fas? – preguntoulle o rapaz preocupado.

- Observo a natureza- dixo o vello – Sinto o sol, escoito a auga e vexo as nubes.

- E por que fas iso?

- Porque é a mellor maneira de eliminar o po interior- foi a resposta.

- Penso que non o entendo- dixo o rapaz.

O home levantouse, respirou fondamente e declarou:

- Cada ser humano leva dentro de si unha gran sabedoría, pero ninguén atopa este vello tesouro xa que está cuberto por montañas de sufrimento. Pero cando un aprende a eliminar os escombros da aflición e da dor, as néboas érguense e pódese ver como brilla o tesouro da luz do sol eterno. As xeadas bágoas da vida desaparecen e a sabedoría e a benaventuranza espertarán.

Despois de calar por uns instantes instou ao rapaz:

- Mira o ceo, podes ver o sol?

- Non -dixo o mozo- non vexo máis que nubes.

- E onde está o sol? - insistiu o vello.

- Está detrás das nubes - Foi a resposta.

Entón o vello explicou: - Incluso cando as nubes ocultan o sol, non son capaces de reter a súa luz e calor. Considera agora ás nubes como os escombros e ao sol como a sabedoría.

O elefante

O elefante, a gran besta vella

é tardía en aparearse.

Encontra unha femia,

non mostra urxencia.

Espera que xurda lentamente

nos seus vastos corazóns a simpatía,

mentres vagabundean xunto ao leito do río,

e beben e pastan

e dormen en masivo silencio,

e espertan xuntos.

Sen unha palabra.

Así, lentamente

énchense de desexo

os grandes e quentes corazóns.

Á fin, ocultando o seu lume,

copulan secretamente.

Son as máis vellas e sabias das bestas,

saben como esperar a máis solitaria das festas:

o banquete total.

Eles non arrebatan nin esgazan;

o seu espeso sangue,

como as mareas lunares móvese

preto, máis preto ata tocarse;

como un torrente.

D.H. Lawrence

As dúas vasillas

Ocorreu na India que un cargador de auga tiña dúas grandes vasillas que colgaban aos extremos dun pau que el levaba por riba dos ombreiros.

Dunha das vasillas tiña varias gretas, mentres que a outra era perfecta e conservaba toda a auga ata o fin do largo camiño a pé, dende o regato ata a casa do seu dono.

Cando chegaba, a vasilla rota só contiña a metade da auga. Isto sucedeu diariamente durante dous anos completos.

Dende logo a vasilla perfecta estaba moi orgullosa dos seus logros, pois sabíase agraciada para os fins para os que foi creada. Pero a pobre vasilla agretada estaba moi avergoñada pola súa propia imperfección e sentíase miserable porque só podía facer a metade do que se supoñía que era o seu deber.

Despois de dous anos, a vasilla quebrada faloulle ao augador dicíndolle:

- Estou avergoñada e quérome desculpar contigo, porque debido ás miñas gretas só podes entregar a metade da miña carga e así só obtés a metade do valor que deberías recibir.

O augador, conmovido, faloulle compasivamente:

- Cando volvamos á casa, quero que observes as belísimas flores que medran ao longo do camiño.

Así o fixo a tinalla. En efecto, viu moitas e variadas flores a todo o longo do camiño. Sen embargo, seguía sentíndose apenada porque seguía coa idea de que só quedaba dentro de si a metade da auga.

O augador, díxolle entón:

- Décheste conta de que as flores só medran do teu lado do camiño?, fixácheste? Pensa que sempre souben das túas gretas, e quixen sacarlles un lado positivo. Verás: sementei sementes de flores ao longo do camiño por onde vas e tódolos días ti regáchelas. Debes saber que estes dous anos eu puiden recoller as flores para decorar o altar do meu mestre. Se non foras exactamente como es, coas túas virtudes e os teus defectos, non tería sido posible crear esta beleza.

O home da chuvia

Nunha aldea, facía tempo que non chovía; como todos os rezos foran en balde recurriron ao gran Home da Chuvia, que pediu unha cabana á entrada da aldea, así coma auga e pan para cinco días.

Ao cuarto día choveu. A xente volveuse xubilosa dos seus campos e lugares de traballo, e foise ante a cabana do Home da Chuvia para festexar e preguntarlle polo segredo.

El contestou: "Eu non podo facer que chova"

"Pero sen embargo chove", dixo a xente.

O Home da Chuvia aclaroulles: "Cando vin á vosa aldea, vin a desorde exterior e interior. Fun á cabana e eu mesmo me puxen en orde. Cando eu estiven en orde, vós tamén vos puxestes en orde, e cando xa estivestes en orde, tamén a natureza se puxo en orde, e, ao poñerse en orde, choveu."