Centro de psicoloxía sanitaria Nº: C-27-000921 (Xunta de Galicia)

  • Terapia Gestalt
  • - Constelacións Familiares
  • Brainspotting
  • - Hipnose Clínica
  • - E.M.D.R

Sara Corredoira Darriba

Psicóloga Colexiada nº G-02656

Categorías

Obradoiros de Constelacións Familiares para Nais e Pais (prioritariamente)

20/02/2019· CONSTELACIONES FAMILIARES

 Mirando de frente ás dificultades das nosas fillas e fillos (CONSTELACIÓNS  PARA  NAIS E PAIS )

A representación espacial das dinámicas familiares permítenos sacar á luz (con moita precisión) os patróns sistémicos e intrapsíquicos que nos bloquean e nos impiden estar ben conectados á vida e anclados no presente.

   O proceso de crianza das nosas fillas e fillos poderá ser máis fluído, nutritivo e seguro canta máis conciencia teñamos de nos mesm@s e canto maior sexa a nosa capacidade para estar presentes:

-Para recoñecer e satisfacer con sintonía emocional, as necesidades dos nosos fill@s.
-Para poder aportar un espazo de crianza estable, tranquilo e previsible.
-Para favorecer unha base segura ás nosas criaturas (con xogos compartidos e expresións de afecto),  dende onde a exploración do mundo se faga confiable.
-Para que, coa a calidez amorosa dunha vinculación segura, o proceso de crecemento poida ser máis saudable e libre de traumas.

  Con estes obradoiros queremos honrar a laboura de tódol@s nais e pais e, ao mesmo tempo, dar apoio e alento ós pais para estimular ou reparar (si é preciso) a forza de vida que poden aportar as súas criaturas si teñen dificultades no seu desenvolvemento, a traverso de comprensións que  millorarán a vinculación materna e paterno filial.

 Revisar e fortalecer a nosa función nai ou pai implica unha toma de conciencia das nosas limitacións e a sanación das nosas feridas de cara a potenciar a saúde  emocional e física dos nosos fillos e fillas e previr enfermidades.

El-Arte-Del-Buen-Amor-En-Las-Familias - Joan.pdf

Descargar