Terapia Gestalt - Constelacións Familiares Brainspotting - Hipnose Clínica - E.M.D.R
Sara Corredoira Darriba Psicóloga Colexiada nº G-02656
Centro de psicoloxía sanitaria Nº: C-27-000921 (Xunta de Galicia)

Temas

Taller CONSTELACIÓN ESPECIAL NAIS , PAIS E FILLOS, domingo 16 de maio de 2021.

07/05/2021 · CONSTELACIONES FAMILIARES

 Mirando de frente ás dificultades das nosas fillas e fillos.

A representación espacial das dinámicas familiares permítenos sacar á luz (con moita precisión) os patróns sistémicos e intrapsíquicos que nos bloquean e nos impiden estar ben conectados á vida e anclados no presente.

 O proceso de crianza das nosas fillas e fillos poderá ser máis fluído, nutritivo e seguro canta máis conciencia teñamos de nos mesm@s e canto maior sexa a nosa capacidade para estar presentes:

  • Para recoñecer e satisfacer con sintonía emocional, as necesidades dos nosos fill@s.
  • Para poder aportar un espazo de crianza estable, tranquilo e previsible.
  • Para favorecer unha base segura ás nosas criaturas (con xogos compartidos e expresións de afecto),  dende onde a exploración do mundo se faga confiable.
  • Para que, coa a calidez amorosa dunha vinculación segura, o proceso de crecemento poida ser máis saudable e libre de traumas. 

¡Compártelo!