O obxectivo principal do Taller de DANZA CORPO CASA é o gozo de moverse en liberdade.
Parto da premisa baseada na miña propia experiencia de que o Movemento sana, desperta, da enerxía física e psíquica que nos da forza e coñecemento para a vida. Partindo da propia escoita e a conexión corporal, esta é unha proposta para experimentar a danza como vehículo para achegarme ao corpo, a min mesm@, á casa. Utilizaremos como ferramentas a sensorialidade, as músicas do mundo, a investigación das posibilidades de movemento do corpo, a escoita interna e en relación, a consciencia corporal, a relaxación, o xogo, a masaxe e o contacto. Dedicaremos tamén un tempo para a recollida da vivencia, poder compartir e poñer conciencia na experiencia.
Cada sesión será unha experiencia e un tema específico, nesta ocasión a proposta é CORPO CASA, donde traballaremos ca poética da casa encarnada no corpo para experimentar a acollida e o regalo de habitar a nosa propia casa: o corpo.
Unha invitación para danzar ca vida, abrir a escoita e as posibilidades de respota, de movementos. Sinto o impulso e o desexo de crear este espacio para compartir o goce e a alegría que nos regala o noso propio corpo en movemento. Se che apetece, anímate, será un regalo compartir.
Non é necesario ter coñecemento nen experiencia en danza, simplemente é poñerse a elo.
Grazas - Gelu