Centro de psicoloxía sanitaria Nº: C-27-000921 (Xunta de Galicia)

  • Terapia Gestalt
  • - Constelacións Familiares
  • Brainspotting
  • - Hipnose Clínica
  • - E.M.D.R

Sara Corredoira Darriba

Psicóloga Colexiada nº G-02656

Párate, Enraízate.

As árbores non están perdidas.

Cada paso, en cada outono

e en cada inverno, si estás presente,

é un paso cara ao teu centro.

En cada primaveira renace a túa valentía.

En cada verán despréganse os teus talentos .

Só necesitas saber estar contigo

e para ti.

Aquí e agora.

Un camiño cara ti mesmo.

Psicoterapia e promoción da saúde en Lugo

Sara Corredoira Darriba

Directora de Encontro

Psicóloga Colexiada nº G-02656

Andrés Lauro Escobal Silva

Psicólogo Colexiado nº G-03215.

María Murado

Psicólogo Colexiado nº G-03215.

Teresa Mariño Berredo

Secretaria

Información sobre as nosas terapias

Terapia Gestalt

Aprender a vivir no aquí e no agora.

Encadrada no movemento da Psicoloxía Humanista, a Terapia Gestalt comparte con dito movemento a visión esperanzada do ser humano que tende a súa autorealización, non coma individuo patoloxizado, senón con recursos saudables para o seu desenvolvemento óptimo no aquí e agora: un tempo presente e puntual despontoxado de absolutos e inmersos nunha situación interrelacional cos outros e co mundo.

A Terapia Gestalt, máis que unha teoría da psiquis, é unha eficaz abordaxe terapéutica e unha filosofía da vida na que prima a conciencia (awaraness, darse conta), a propia responsabilidade dos procesos en curso e a fe na sabiduría intrínseca do organismo (a persoa total que somos) para auto-regularse de forma axeitada cun medio cambiante.

Antepón a espontaneidade ao control; a vivencia á evitación do molesto e doloroso; o sentir á racionalización; a comprensión global dos procesos a dicotomía dos aparentes opostos... e require do terapeuta un uso de sí como instrumento (emocional, corporal, intelectual) que transmita unha determinada actitude vital en vez de practicar unicamente unha técnica útil contra a neurosis.

Os principios que manexa a Terapia Gestalt para recuperar a autorregulación organísmica e que implican unha filosofía da vida, son:

  • Sente, observa e experimenta o real en vez de imaxinar, fantasear ou xulgar.
  • Deixa de facer elucubracións sobre o pasado ou anticipacións do futuro: vive o aquí e agora.
  • Antes de dar explicacións xustificativas ou manipuladoras escolle a expresión clara e directa sobre o que sentes ou pensas.
  • Permítete a vivenza do dolor ou o desagrado tanto coma a do pracer, non limites o darse conta.
  • Responsabilízate das túas accións, sentimentos e pensamentos.
  • Non aceptes ningún outro "debería ou tería" máis que o teu propio: non adores a ningún ídolo.
  • Acepta ser como es.

Constelacións Familiares

Encontrar o meu lugar axeitado para estar enfocado hacia a vida, abrazando todo o que foi e é, tal como foi e é.

A familia e as súas relacións vitais constitúen o punto de partida para descubir o fondo de moitas das nosas doenzas, sexan de carácter físico, emocional ou psíquico. A mesma familia é a orde nas súas relacións, revélanse tamén como a fonte de sanación. A pertenza ao grupo de familiares ten a forza do lume. Hai un código de lealdade que vai por riba dos desexos persoais.

"Seguramente, as constelacións familiares é un dos métodos máis rápidos e efectivos que hai nestos momentos no panorama terapéutico para ver, dunha forma moi precisa, como son as dinámicas e as implicacións familiares e como estas dinámicas e estas implicacións contribúen a manter e soster os problemas. Tamén é un método sumamente rápido para mover estas imaxes familiares interiores que todos temos e que son determinantes, unha maneira de reordenalas, é dicir, de darlles unha orde a través de certos cambios na posición das persoas ou de certos rituais e frases concentradas, de xeito que a persoa interioriza movementos de solución ou movementos cara a vida. E unha constelación segue tendo efectos e movendo os fíos profundos da alma aínda despois de moito tempo."

Joan Garriga

Nas constelacións miramos tres aspectos, un é a orde que ten que ser respetada, que ven de atrás cara adiante, do pasado cara o futuro, de arriba cara abaixo: que os pais sexan pais e os fillos sexan fillos. E que o marido sexa marido e ocupe o seu lugar, e que a muller sexa muller e ocupe o seu lugar; tamén nos preguntamos que persoas foron excluídas deste sistema e teñen que ser reintegradas porque senón a consecuencia é que outras persoas as representen. Tamén miramos as situacións que se producen como efecto da lei de compensación: todos os membros dun sistema familiar teñen que ter o seu lugar de dignidade e afecto, e se non é así aparecerán síntomas que delatan esta descompensación, trátase de restaurar a honra de todos, sen exclusión.

As constelacións confirman que moitas das cousas que nos pasan afunden as súas raíces en movementos invisibles, subterráneos, onde a forza dos vínculos e a forza do amor teñen unha dimensión enorme. Establecidos no nivel superficial, cremos que facemos as nosas eleccións, pero hai dinámicas moi sutiles e moi ocultas nas relacións humanas que nos levan a posicionarnos na vida dun certo modo. A constelación é un método rápido para desvelar estas dinámicas do nivel inconsciente.

Xeralmente é unha terapia que se leva a cabo en grupo, pero tamén pode aplicarse en sesións individuais.

Brainspotting

O que sintes depende de onde miras. Miramos os recursos que nos permiten medrar.

É unha técnica fisiolóxica con consecuencias psicolóxicas. Brainspotting é un poderoso método de tratamento focalizado que funciona identificando, procesando e liberando as fontes nodais neurofisiolóxicas da dor emocional e corporal, trauma, disociación e dunha variedade de outros síntomas difíciles. Brainspotting é simultaneamente unha forma de diagnóstico e tratamento (incrementado con son bilateral), profunda, directa e poderosa, pero focalizada e contedora.

Brainspotting funciona como unha ferramenta neurobiolóxica de apoio á relación clínica de curación. Non existe reemprazo posible para unha presenza terapéutica madura e nutrinte, e para a capacidade de comprometer a outro ser humano sufrinte nunha relación de seguridade e confianza onde se sinta escoitado, aceptado e entendido. Un "Brainspot"(Punto de Cerebro) é a posición do ollo relacionada coa activación enerxética/emocional dun tema con carga traumática/emocional dentro do cerebro, moi probablemente na amígdala, no hipocampo, ou na corteza orbitofrontal do sistema límbico. Localizado pola posición do ollo, paraficado con respostas reflexas observadas externamente e experienciadas internamente, un Breinspot é de feito un subsistema fisiolóxico que contén a experiencia emocional en forma de recordo.

Cando se estimula un Brainspot, o cerebro profundo sinala en forma reflexa ó terapeuta que se localiza unha área significativa. Isto sucede tipicamente fora do coñecemento consciente do paciente. Hai unha multitude de respostas reflexas, incluíndo movementos e tics involuntarios de ollos, sacudidas, conxelamento, parpadeos (duro ou dobre parpadeo), dilatación e constrición das pupilas, estreitamento de ollos, tics faciais, fruncimento da fronte, inhalacións, tragar, bostezar, tusir, movementos da cabeza, sinais das mans, movementos dos pés, cambios de postura corporal. As expresións faciais reflexas son poderosos indicadores de Brainspots.

Hipnose Clínica

É unha técnica moi eficaz para resolver dificultades de ansiedade, dor, fobias, medos e tabaquismo.

A hipnose é unha técnica de gran valor utilizada para tratar problemas físicos y psicolóxicos, e cuxa eficacia foi comprobada por centos de estudios científicos en todo o mundo.

É un estado de focalización sensorial no que a persoa está concentrada nas súas vivencias internas, conservando ao mesmo tempo, o control e a consciencia sobre sí mesma. É similar ao que nos pasa cando “perdemos a noción do tempo” mentres leemos un bo libro, ou cando estamos desfrutando dunha agradable compañía, ou observando unha paisaxe que nos gusta moito e nos da paz. Ou cando vamos conducindo o noso coche e nos damos conta de que temos que pasarnos por un lugar pero non o vimos.

Cando unha persoa se atopa en estado de hipnose séntese tranquila e profundamente relaxada, conseguindo focalizar a súa atención nun pensamento, recordo, sentimento ou sensación, logrando, se así o desexa, modificar as súas percepcións, comportamentos, sensacións e emocións.

A hipnose é unha técnica que ten que ser aplicada, soa ou xunto con outras técnicas, dentro dun marco psicoterapéutico e sempre por psicólogos, médicos ou psiquiatras acreditados para exercela.

A través da hipnose podemos activar os nosos propios recursos curativos, coñecernos mellor e atopar solucións creativas xa que accedemos á información no noso inconsciente sobre as causas dos problemas podendo entender e controlar o que nos afecta negativamente, o que nos permite gañar confianza en nós mesmos no momento de tomar decisións.

EMDR

Reprocesamos os traumas que nos impiden levar unha vida sana e desenrrolar os nosos talentos con éxito.

Tomamos conciencia dos recursos que nos axudan e fortalecen.

Desensibilización e reprocesamento polos movementos oculares é unha abordaxe psicoterapéutica no tratamento das dificultades emocionais causadas por experiencias difíciles na vida do suxeito, dende fobias, ataques de pánico, morte traumática e duelos ou incidentes traumáticos na infancia ata accidentes e desastres naturais. Tamén úsase EMDR para aliviar a angustia e/ou fobia de falar en público, para mellorar o rendemento no traballo, no deporte e nas interpretacións artísticas.

EMDR como método combina elementos teórico-clínicos de orientacións tales coma a psicanálise cognitivo-conductual e outras. Para moitos pacientes o EMDR resulta de maior axuda para os seus problemas que outras terapias convencionais. En 1987, Francine Shapirio, psicóloga norteamericana, descubriu que os movementos oculares voluntarios reducían a intensidade da angustia dos pensamentos negativos. Iniciou unha investigación (Shapiro, 1989) con suxeitos traumatizados na guerra de Vietnam e vítimas de abusos sexuais para medir a eficacia do EMDR. Este reducía de maneira significativa os síntomas do Trastorno por Tensión Post Traumática nestes suxeitos.

Logo de Asociación española de  terapia gestalt
Logo de
Logo de Asociación gallega de terapia gestalt
Ciclo de Primavera de Movemento Auténtico, sábado 13 de abril.

Ciclo de Primavera de Movemento Auténtico, sábado 13 de abril.

26/03/2019

El Movimiento Auténtico posibilita la reconexión de cada ser con su mundo interior de imágenes, sensaciones, emociones, dando lugar al emerger tanto de aspectos negados, desconocidos de uno mismo como de un potencial y fuerza creadora aún no manifestadas. Esta reconexión facilita la apertura de un nuevo estado del ser caracterizado por una relación más armónica entre las diversas partes, armonía que no es estática y que emerge desde la percepción directa de la unión inicial entre cuerpo y psique, consciente e inconsciente, uno mismo y el universo. -Karin Fleischer-

Taller de Constelaciones Familiares para madres y padres (prioritariamente), sábado 6 de abril.

Taller de Constelaciones Familiares para madres y padres (prioritariamente), sábado 6 de abril.

Mirando de frente a las dificultades de nuestras hijas e hijos

  (CONSTELACIONES  PARA MADRES Y PADRES)

   La  representación espacial de las dinámicas familiares nos permite sacar a la  luz (con mucha precisión) los patrones sistémicos e intrapsíquicos que nos bloquean y nos impiden estar bien conectados a la vida y anclados en el presente.

   El proceso de crianza de nuestras hijas e hijos podrá ser más fluido, nutritivo y seguro cuanta más conciencia tengamos de nosotros mism@s y cuanto mayor sea nuestra capacidad para estar presentes:

   - Para reconocer y satisfacer con sintonía emocional, las necesidades de nuestros hij@s.

   - Para poder aportar un espacio de crianza estable, tranquilo y previsible.

   - Para favorecer una base segura a nuestras criaturas (con juegos compartidos y expresiones de afecto),  desde donde la exploración del mundo se haga confiable.

   - Para que, con la calidez amorosa de una vinculación segura, el proceso de crecimiento pueda ser más saludable y libre de traumas.

  Con estos talleres queremos honrar la labor de tod@s l@s madres y padres y, al mismo tiempo, dar apoyo y aliento a los padres para estimular o reparar (si es preciso) la fuerza de vida que pueden aportar a sus criaturas si tienen dificultades en su desarrollo, a través de comprensiones que  mejorarán la vinculación materna y paterno filial.

 Revisar y fortalecer nuestra función madre o padre implica una toma de conciencia de nuestras limitaciones y la sanación das nuestras heridas de cara a potenciar la salud emocional y física de nuestros hijos e hijas  y prevenir enfermedades.

Obradoiros de Constelacións Familiares para Nais e Pais  (prioritariamente)

Obradoiros de Constelacións Familiares para Nais e Pais (prioritariamente)

 Mirando de frente ás dificultades das nosas fillas e fillos (CONSTELACIÓNS  PARA  NAIS E PAIS )

A representación espacial das dinámicas familiares permítenos sacar á luz (con moita precisión) os patróns sistémicos e intrapsíquicos que nos bloquean e nos impiden estar ben conectados á vida e anclados no presente.

   O proceso de crianza das nosas fillas e fillos poderá ser máis fluído, nutritivo e seguro canta máis conciencia teñamos de nos mesm@s e canto maior sexa a nosa capacidade para estar presentes:

-Para recoñecer e satisfacer con sintonía emocional, as necesidades dos nosos fill@s.
-Para poder aportar un espazo de crianza estable, tranquilo e previsible.
-Para favorecer unha base segura ás nosas criaturas (con xogos compartidos e expresións de afecto),  dende onde a exploración do mundo se faga confiable.
-Para que, coa a calidez amorosa dunha vinculación segura, o proceso de crecemento poida ser máis saudable e libre de traumas.

  Con estes obradoiros queremos honrar a laboura de tódol@s nais e pais e, ao mesmo tempo, dar apoio e alento ós pais para estimular ou reparar (si é preciso) a forza de vida que poden aportar as súas criaturas si teñen dificultades no seu desenvolvemento, a traverso de comprensións que  millorarán a vinculación materna e paterno filial.

 Revisar e fortalecer a nosa función nai ou pai implica unha toma de conciencia das nosas limitacións e a sanación das nosas feridas de cara a potenciar a saúde  emocional e física dos nosos fillos e fillas e previr enfermidades.

Obradoiro de Constelacións Familiares, Identidade e Sanación en Vigo.

Obradoiro de Constelacións Familiares, Identidade e Sanación en Vigo.

 ¿QUIÉN SOY YO?

Con frecuencia nos resulta difícil tener claridad sobre  quiénes somos,  y no nos orientamos desde el interior sino en función de lo que los otros quieren de nosotros. Si nuestros padres no tienen una identidad claramente desarrollada nos resultará complicado poder desarrollar la nuestra.

A veces confundimos  la identidad con distintos tipos de atribuciones:

- Yo soy MI NOMBRE.

 - Yo soy “español” o “yo soy musulmán” o “yo soy cristiano” (descripciones de realidades situacionales que nos vinieron dadas).

 - Opiniones o diagnósticos : “soy bipolar” ; “ soy inteligente”; “ soy buena persona”….etc

Las atribuciones vienen del exterior.

En ocasiones, como consecuencia de nuestras identificaciones, no es clara nuestra Identidad:

  - Nos identificamos con nuestra madre o padre.

  - Nos identificamos con nuestra familia extensa  o nuestros antepasados.

  - La pareja o los hijos - “soy la mujer de… o la madre de …..”

  - El lugar de residencia…... Los equipos deportivos – “ soy del Madrid -

  - La profesión. ……… etc.

Es importante expandir la identidad versus la identificación. La sociedad sana cuando cada individuo sana. Las identificaciones nos impiden desarrollar un yo claro y diferenciado con una voluntad propia (yo quiero)

Cuando sabemos estar  con nosotros  mismos no tenemos porqué estar en contra de nadie, no necesitamos luchar contra otros.

En este trabajo hablamos de identidad como proceso de asimilación e integración de nuestras experiencias de vida. Cuando hayamos podido digerir y aceptar nuestras vivencias existenciales  y la influencia de nuestro sistema transgeneracional  es probable que nuestro “yo” esté clarificado y arraigado en nuestro cuerpo y desde ahí puede fluir en constante expansión.

Cuando poseemos un yo “sano” nuestros sentidos están despiertos, habitan nuestro propio cuerpo, con sentimientos propios, con una voluntad propia y con mis propias palabras en todas las relaciones.

En este taller queremos poner la atención en dar los pasos necesarios para clarificar la propia identidad, saliendo de enredos simbióticos y desvelando identificaciones y estrategias de supervivencia que impiden el desarrollo de un yo sano, que estará orientado a Vivir en Plenitud y con sentimientos de éxito.

Constelaremos lo que sea preciso para cada persona, con el fin de poder dar pasos  de solución en un conflicto relacional concreto, en asuntos de salud, vida o muerte, en reconocer dinámicas transgeneracionales que nos han condicionado y nos tienen atrapados y también enfocando dinámicas intrapsíquicas, que nos mantienen fragmentados e impiden el desarrollo de un Yo sano, cuando hay partes de mi yo que están congeladas o rechazadas y algunas estrategias de supervivencia ya no me resultan  útiles y me desgastan.

Visita Virtual de Encontro - Sara Corredoira

Ofrecemos unha panorámica real do noso centro de psicoloxía.

Ver imaxe 360º