¿Qué facemos nunha introdución á meditación Zen?
Aprenderemos a sentarnos en silencio; a gozar da nosa propia respiración; a calmar a nosa mente e estabilizar o noso corpo. Aprenderemos a camiñar con conciencia sobre a Terra e baixo o Ceo.
Esta introdución está pensada para aquelas persoas que non teñen ningunha experiencia na meditación Zen (zazen). Teremos explicacións detalladas e personalizadas sobre a postura de meditación e a atitude mental durante zazen, ensinamentos sobre os principios fundamentais da Vía do Zen e, se o noso ruido interior nolo permite, exploraremos o silencio diamantino do noso ser máis profundo. - Uxío Outeiro Lojo -